martes, 20 de noviembre de 2012

6º - GALEGO - 4ª UNIDADE: PRONOMES PERSOAIS



Animais fantásticos

A continuación verás catro dos seres fantásticos presentes na mitoloxía popular de Galicia. Cada unha das imaxes leva un enlace que remite a outras páxinas que dan explicación de cada un destes personaxes fantasiosos.


 O trasno

 

O lobishome

O Gatipedro 


http://orecanto.blogaliza.org/files/2011/10/gatipedro.jpg
Os biosbardos








Pronomes persoais átonos de 3ª persoa [CD]

Da comparación destas formas entre o galego e o castelán, temos que destacar que en galego distinguimos tres grupos. Mentres que en castelán encontramos un.

Formas galegas:                                                                 


singular
plural

masculino
feminino
masculino
feminino





1ªs formas
o
a
os
as





2ªs formas
lo
la
los
las





3ªs formas
no
na
nos
nas
 

Se consultas o libro, dirache que:
  1. As 2ªs formas úsanse despois de formas verbais que rematen en –s ou –r, ou detras dos pronomes persoais nos, vos e lles.
  2. As 3ªs formas úsanse despois das formas verbais rematadas en ditongo.



Formas casteláns:                                                             


lo
la
los
las



Exemplos en ambas linguas cos pronomes en masculino singular:                         

galego
castelán

El ensínao
Ti míralo
Coméunolo
Tes que comelo
Merqueino

Non o ensina
Non o miras
Non nolo comeu
Non o tes que comer
Non o mequei

Él lo enseña
lo miras
Nos lo comió
Tienes que comerlo
Lo compré

No lo enseña
No lo miras
No nos lo comió
No tienes que comerlo
No lo compré







NOTA
  • Observemos que estas formas van diante ou despois do verbo e que, mentres cambian de posición en galego, cando se pasa a oración a negativa; non o fan en castelán.
  • En Galego suprímense o –r e o –s finais dos verbos e pronomes persoais nos, vos, lles, cando se pospón a forma lo. 
                             Exemplo: Tes que come r lo


No hay comentarios:

Publicar un comentario